MusselPro

Política de privacidadE

1. Responsable do tratamento

O Responsable do Tratamento correspóndese co do titular do sitio web, cuxos datos identificativos completos son:

Razón social: Conservas Rianxeira, S.A.U.

CIF: A15022221

Domicilio social: Rúa Vimieiro, 20, Boiro, (A Coruña)

2. Datos tratados, finalidades e prazo de conservación

2.1 Datos tratados: En caso de recibir unha solicitude de contacto ou de emprego, o Responsable tratará os datos identificativos, de contacto, académicos e profesionais do usuario dispostos para ese efecto.

2.2 Finalidades. As finalidades do tratamento de datos serán as seguintes:

  1. Contacto: O medio facilitado para o contacto será utilizado para dar resposta ás cuestións expostas.
  2. Envío de currículos: A información enviada, xunto co currículo vitae, utilizarase en procesos de selección presentes e futuros, aínda que o Responsable resérvase o dereito para eliminar estes datos tras a súa recepción.

2.3 Conservación. O prazo de conservación será o seguinte:

  1. Contacto: Os datos serán tratados para xestionar a contestación ou a solicitude de información, procedéndose á súa eliminación unha vez realizada.
  2. Envío de currículos: A información recibida serán conservada durante un período máximo de 3 anos. Unha vez transcorrido este prazo procederase á súa eliminación.

2.4 Lexitimación: A base legal do tratamento dos datos facilitados é o consentimento outorgado polo usuario para o tratamento dos seus datos persoais para un fin específico. O consentimento será sempre revocable e poderá retirarse en calquera momento.

3. Destinatarios e cesións

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros, salvo no caso de que exista unha obrigación legal, nin se efectuarán transferencias internacionais de datos a territorios fóra da Unión Europea. A información recibida poderá ser enviada a outras empresas de Jealsa a efectos de desenvolver de forma efectiva as xestións administrativas correspondentes.

O Responsable poderá apoiarse en provedores que ofrezan garantías adecuadas e cos que se asinou un acordo de Encargado do Tratamento para desenvolver os tratamentos previstos na presente Política de privacidade.

4. Exercicio de dereitos

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación acerca de se se está, ou non, procedendo ao tratamento de datos persoais que lles conciernan. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou opoñerse ao tratamento dos mesmos, nese caso unicamente conservarémolos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Para iso, os usuarios poderán dirixir unha comunicación por escrito á atención do Comité de Privacidade, Bodión, s/n 15930 Boiro (A Coruña) ou á dirección de correo electrónico comite.privacidad@jealsa.com, incluíndo en ambos os casos unha fotocopia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente

En caso de non ver satisfeitos os seus dereitos, o usuario presentar unha reclamación #ante a Axencia Española de Protección de Datos, accesible a través da ligazón https://sedeagpd.gob.es.